CLUB MANGA BACHARELATO


 Durante o presente curso académico, o noso Club de manga de bacharelato reuniuse o segundo e o terceiro venres de cada mes durante o segundo recreo.

 Dado que todos os participantes son vellos coñecidos porque xa formaron parte do Club durante cursos pasados, foron eles mesmos os que se encargaron de deseñar e organizar as actividades. 


  En primeiro lugar, encargáronse de compartir información sobre as súas últimas lecturas de manga proporcionando a súa valoración sobre as situacións que se narraban, sobre os valores máis destacados dos personaxes ou sobre os temas que se trataban en cada obra.


   En segundo lugar, presentaron de forma crítica as novidades en anime e, sobre todo, realizaron unha comparativa entre as obras de manga e a sua versión cinematográfica.

 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

VISITA A EXPOTAKU CO IES FERROL VELLO

DÍA DA POESÍA: RECITADO NAS AULAS

CLUB DE LECTURA 2º BACH: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE