CLUB NARRATIVA 1º BACH: EL CONDE LUCANOR


 Por petición expresa dun grupo de alumnos e alumnas, o 21 de novembro reunimos ao noso Club de lectura de 1 Bach para comentar varios relatos moralizantes do libro El conde Lucanor, do autor do século XIV don Juan Manuel.

A través do comentario de contos como  "Lo que sucedió a un deán de Santiago con don Illán, el mago de Toledo" ou "Lo que sucedió a una mujer que se llamaba doña Truhana" puidemos traballar a relación dos exempla de don Juan Manuel con relatos procedentes doutras literaturas como a hindú ou a xaponesa.


 Así mesmo, puidemos analizar a influencia dalgúns destes contos, como "Lo que sucedió a un mancebo que casó con una muchacha muy rebelde" en obras posteriores, como La fierecilla domada, famosa comedia de William Shakespeare.

A pesar de que esta era unha obra aparentemente pouco atractiva para os nosos rapaces e rapazas, a convocatoria do noso Club acadou unha grande aceptación entre o noso alumnado, que participou activamente o coloquio.

Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA POESÍA: RECITADO NAS AULAS

VISITA A EXPOTAKU CO IES FERROL VELLO

CLUB DE LECTURA 2º BACH: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE