CLUB NARRATIVA 1º ESO: CUENTOS DE LA SELVA


 Durante este primeiro trimestre lemos cos nosos rapaces e rapazas de 1º de ESO unha selección de relatos procedentes de Cuentos de la selva, do autor uruguaio Horacio Quiroga. Estas narracións breves están inspiradas nas historias que o autor lles relataba aos seus fillos cando eran nenos e vivían na agreste e remota provincia de Misiones (NO de Arxentina). Son contos protagonizados por animais (tartarugas, caimáns, coatís, raias...) e ambientados na exuberante natureza americana. A través deles, o gran escritor pretende ofrecer distintos dilemas para que reflexionen os lectores máis novos.

Así en "La guerra de los yacarés", o autor mostra o seu espírito antibelicista nun relato en que os caimáns vencen aos homes e impiden que os buques de guerra naveguen polos seu río.

En "Historia de dos cachorros de coatí y de dos cachorros de hombre", pola súa banda, os nosos lectores e as nosas lectoras puideron desfrutar da historia da amizade entre uns nenos e un coatí e, sobre todo, da importancia do amor materno, incluso entre os animais.


Pero sobre todo coñeceron os lazos de amor e fidelidade que se establecen entre animais e homes ("El paso del Yaberibí", "La gamita ciega", "El loro pelado"...) e desfrutaron co coñecemento de numerosas especies frecuentes nas terras americanas, pero inexistentes no noso territorio.

Unha xornada moi aproveitada!!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

CLUB DE MANGA

CLUB DE NOVELA GRÁFICA: V DE VENDETTA

CLUB DE LECTURAS CIENTÍFICAS: BACHARELATO