CLUB NARRATIVA 2º ESO: RELATOS EDGAR ALLAN POE
Aproveitando a celebración do Samaín no noso centro, reunimos ao Club de Lectura de 2 ESO para comentar varios relatos do mestre do terror: Edgar Allan Poe.
Foi moi divertido analizar coas participantes na actividade os mecanismos que emprega o autor para lograr o estrañamento no seu público.
Así, por exemplo, todas mostraron a súa sorpresa ante o narrador en primeira persoa de "El corazón delator", que defende a súa cordura mediante o emprego dun suposto autocontrol que lle permite planear o crime do vello con total meticulosidade. Asi mesmo analizaron con curiosidade o sentido do título. É o horrible son do seu propio corazón acelerado o que provoca que recoñeza a súa culpabilidade ante os policías que o visitan?
Tamén lles chamou a atención o comportamento do protagonista de "El gato negro", que desenvolve un rexeitamento irracional cara a un gato negro. Esta situación provoca nel unha crecente espiral de violencia que rematará na súa desgraza final.
Comentarios
Publicar un comentario