Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024

CLUB DE NARRATIVA 2º ESO: RELATOS DE ROALD DAHL

Imagen
 

CLUB DE ADULTOS-CINEFÓRUM: CINEMA NEGRO (COMPARACIÓN RETORNO AL PASADO-L.A. CONFIDENTIAL)

Imagen
  Con intención de cumprir a petición de Pilar Freire, o noso Club de adultos reuniuse para facer unha comparativa entre dúas películas de cinema negro: Retorno al pasado e L.A. Confidential . Todos os que participamos na actividade desfrutamos moito co visionado de ambos filmes, pero algúns fixeron notar a falta de expresividade de Robert Mitchum e o excesivo número de tramas no primeiro caso. E, sobre todo, destacaron o fantástico elenco de autores na segunda película, na que o director soubo respectar os modelos máis tradicionais deste xénero noir : a femme fatal, a crítica social, a violencia dos protagonistas, a investigación criminal...    

CLUB DE ADULTOS: CHARLA SOBRE CINEMA NEGRO

Imagen
   No mes de febreiro Pilar Freire visitou o noso Club de adultos para impartir unha charla sobre as características e a evolución do cinema negro ao longo dos últimos anos.  A actividade resultou moi interesante, porque a través das súas sabias palabras non só puidemos coñecer as características deste subxénero no relativo aos recursos musicais e visuais que se empregaban nas creacións clásicas, senón que tamén nos achegamos aos recursos narrativos, aos personaxes arquetípicos ou ás causas da decadencia dunhas producións que coparon as salas de proxección a mediados do século pasado. Reflexionamos tamén sobre a intención crítica que subxacía na maior parte dos filmes desta temática. E por último aceptamos a proposta de Pilar Freire de facer unha comparativa entre un clásico deste xénero ( Retorno al pasado ) e un filme moderno que retoma parcialmente as características do noir ( L.A. Confidential ).

CLUB DE ADULTOS: A VIDA SECRETA DE ÚRSULA BAS

Imagen
  En consonancia co lema da biblioteca durante o presente curso académico ("De pista en pista investigamos e aprendemos"), escollemos para esta reunión do noso Club de adultos a lectura da novela policíaca A vida secreta de Úrsula Bas , o segundo título da serie dos detectives Abad e Barroso. A obra narra a historia de Úrsula Bas, escritora de éxito, que sae un venres da casa para dar unha charla nunha biblioteca e non volve. O seu marido denuncia a desaparición vintecatro horas despois e a policía comeza a investigar. Todos os pasos conducen a Abad e Barroso a Pontevedra, onde tres anos atrás desapareceu Catalina Fiz.    Foi esta unha novela de gran aceptación entre os participantes no Club, tanto polo seu ritmo rápido como pola intriga do argumento, que favoreceu unha lectura rápida e continuada.  Os comentarios que xurdiron a partir da súa lectura resultaron moi interesantes e variados.   En primeiro lugar, case todos destacaron que a obra reúne as caracterís...