A lectura de V de Vendetta pechou o noso Club de novela gráfica. É esta unha novela escrita nos anos 80 que se caracteriza por ofrecer unha fantástica combinación entre un guion profundo e elaborado e unhas ilustracións brillantes e moi traballadas. Ilustración de V V de Vendetta, ambientada nun futuro distópico, nos sitúa en Gran Bretaña xusto despois de que un conflito nuclear destruise parte do mundo coñecido. Neses momentos, un régimen totalitario está no poder e un misterioso revolucionario coñecido como V comeza unha aparatosa campaña coa intención de derrocalo. A novela resultoulles interesantísima aos participantes no Club. Todos destacaron o crible que resulta a situación que nos presenta: a opresión, a omnipresente corrupción ou a destrución da cultura presentes nunha sociedade fascista fronte a necesidade do pobo de loitar pola liberdade. Todos e todas destacaron varios temas que lles resultaron interesantes despois da lectura: o poder dos medi...
Comentarios
Publicar un comentario