CLUB DE ADULTOS-CINEFÓRUM: CINEMA NEGRO (COMPARACIÓN RETORNO AL PASADO-L.A. CONFIDENTIAL)
Con intención de cumprir a petición de Pilar Freire, o noso Club de adultos reuniuse para facer unha comparativa entre dúas películas de cinema negro: Retorno al pasado e L.A. Confidential.
Todos os que participamos na actividade desfrutamos moito co visionado de ambos filmes, pero algúns fixeron notar a falta de expresividade de Robert Mitchum e o excesivo número de tramas no primeiro caso.
E, sobre todo, destacaron o fantástico elenco de autores na segunda película, na que o director soubo respectar os modelos máis tradicionais deste xénero noir: a femme fatal, a crítica social, a violencia dos protagonistas, a investigación criminal...
Comentarios
Publicar un comentario