CLUB DE ADULTOS: A VIDA SECRETA DE ÚRSULA BAS

 


En consonancia co lema da biblioteca durante o presente curso académico ("De pista en pista investigamos e aprendemos"), escollemos para esta reunión do noso Club de adultos a lectura da novela policíaca A vida secreta de Úrsula Bas, o segundo título da serie dos detectives Abad e Barroso.

A obra narra a historia de Úrsula Bas, escritora de éxito, que sae un venres da casa para dar unha charla nunha biblioteca e non volve. O seu marido denuncia a desaparición vintecatro horas despois e a policía comeza a investigar. Todos os pasos conducen a Abad e Barroso a Pontevedra, onde tres anos atrás desapareceu Catalina Fiz.   

Foi esta unha novela de gran aceptación entre os participantes no Club, tanto polo seu ritmo rápido como pola intriga do argumento, que favoreceu unha lectura rápida e continuada. 

Os comentarios que xurdiron a partir da súa lectura resultaron moi interesantes e variados.


 

En primeiro lugar, case todos destacaron que a obra reúne as características canónicas no xénero (existencia dun crime - parella de investigadores - detectives carismáticos, pero problemáticos - protagonistas con segredos na súa vida cotiá...), pero tamén fixeton notar o carácter forzado da relación amorosa entre Santi Abad e Ana Barroso e, sobre todo, a dificultade para identificarse co inspector Abad polo seu perfil de maltratador. 

Pero tamén reflexionamos sobre os outros temas presentes na obra: os perigos das redes, o sinxelo que resulta caer baixo o feitizo dalguén a quen realmente non coñecemos, as dificultades para a muller que non quere asumir o rol de nai, a degradación da vida de parella ao longo do tempo, os perigos da fama...


Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA POESÍA: RECITADO NAS AULAS

VISITA A EXPOTAKU CO IES FERROL VELLO

CLUB DE LECTURA 2º BACH: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE