CLUB DE ADULTOS: CHARLA SOBRE CINEMA NEGRO


 

 No mes de febreiro Pilar Freire visitou o noso Club de adultos para impartir unha charla sobre as características e a evolución do cinema negro ao longo dos últimos anos.

 A actividade resultou moi interesante, porque a través das súas sabias palabras non só puidemos coñecer as características deste subxénero no relativo aos recursos musicais e visuais que se empregaban nas creacións clásicas, senón que tamén nos achegamos aos recursos narrativos, aos personaxes arquetípicos ou ás causas da decadencia dunhas producións que coparon as salas de proxección a mediados do século pasado.

Reflexionamos tamén sobre a intención crítica que subxacía na maior parte dos filmes desta temática.


E por último aceptamos a proposta de Pilar Freire de facer unha comparativa entre un clásico deste xénero (Retorno al pasado) e un filme moderno que retoma parcialmente as características do noir (L.A. Confidential).


Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA POESÍA: RECITADO NAS AULAS

VISITA A EXPOTAKU CO IES FERROL VELLO

CLUB DE LECTURA 2º BACH: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE