CLUB DE ADULTOS: LA BODA DE CHON RECALDE
Para celebrar o 25 aniversario da morte de Torrente Ballester, reunimos ao noso Club de adultos para comentar unha das últimas obras do novelista ferrolán: La boda de Chon Recalde.
Se ben é esta unha obra considerada secundaria por parte da crítica dentro da produción literaria deste autor, podemos observar nela, non obstante, unha fantástica descrición da vida anodina da posguerra nunha cidade de provincias da época.
A través da vida das protagonistas, unhas rapazas dignas e valentes que loitan por ser felices, puidemos observar os temores, envexas e hipocresias dunha sociedade de posguerra chea de traumas e prexuízos. Ademáis, a través da fantástica narrativa de Torrente, conseguimos aproximarnos á vida dos ferroláns e ferrolás do momento.
Comentarios
Publicar un comentario