CLUB DE NARRATIVA 4º ESO: INVISIBLE


 
Durante o segundo trimestre foron dúas as novelas escollidas polos participantes no noso Club de narrativa de 4º ESO: Invisible, de Eloy Moreno e La mansión Dax, de César Mallorquí.
 
A primeira, Invisible, é unha narración sensible e intimista sobre un rapaz vítima de acoso escolar que cre que ten o don de facerse invisible ante aqueles que o rodean. Pero tamén é unha novela sobre o medo, sobre a amizade, sobre o primeiro amor e, sobre todo, sobre as persoas valentes que actúan para evitar que os acosadores sigan martirizando ás súas vítimas.
 

O coloquio posterior á lectura resultou moi intenso e interesante. 

Os lectores e as lectoras reflexionaron sobre o acoso escolar e sobre as formas en que se pode manifestar, sobre as maneiras de evitalo ou de axudar aos acosados, sobre a importancia de non pechar os ollos ante as situacións de abuso e, sobre todo, sobre a necesidade de actuar cando se sospeita que alguén pode estar sendo molestado por un compañeiro ou compañeira.
 
 
Pero resulta fácil ser valente e denunciar unha situación semellante?
 
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

VISITA A EXPOTAKU CO IES FERROL VELLO

DÍA DA POESÍA: RECITADO NAS AULAS

CLUB DE LECTURA 2º BACH: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE