CLUB NARRATIVA 1º BACH: A TRENZA


 A finais de marzo lemos unha novela relativamente recente de Laetitia Colombani: A trenza.

É esta unha novela que narra a vida de tres mulleres que non se coñecen e que viven en países distantes e opostos no ámbito socioeconómico. Non obstante, as tres teñen algo en común: rexeitan os condicionantes do seu destino e loitan contra as circunstancias que as oprimen. Como fíos invisibles, os seus camiños coinciden en se entelazan como nunha trenza que se converte en símbolo da súa fortaleza contra a adversidade.

Esta narración impresionou moito ás nosas lectoras, que quedaron profundamente impactadas ao descubrir a vida horrible de Smita e o valor que necesitou para fuxir tratando de evitar que a súa filla repetise a súa espantosa existencia.   

Pero reflexionaron tamén sobre os problemas dunha muller do primeiro mundo para aceptar a enfermidade na cúspide da carreira profesional ou sobre os retos que debe asumir unha empresaria para sacar adiante a empresa familiar.   

En definitiva, mostraron a súa admiración cara a tres loitadoras que rexeitan rendirse e deciden loitar cada momento da súa vida para saír victoriosas ante a adversidade.

Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA POESÍA: RECITADO NAS AULAS

VISITA A EXPOTAKU CO IES FERROL VELLO

CLUB DE LECTURA 2º BACH: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE