CLUB NARRATIVA 1º ESO: ROBBIE

 

Para continuar coas lecturas do noso Club de narrativa de 1º ESO escollemos un relato de ciencia ficción do gran especialista Isaac Asimov.


 

"Robbie" narra a historia dunha nena (Gloria) e o seu robot (Robbie). A nena sente un gran afecto polo amigo robótico, pero a súa nai, temerosa ante esa relación, decide desfacerse do ser mecánico. A nena sofre moito coa desaparición do seu amigo e nada a anima, así que os pais deciden levala a unha fábrica de robots para que comprenda cal é a súa natureza real. Alí a nena escapa para buscar a Robbie e consegue atopalo. Este, de forma heroica acaba salvándoa dunha morte segura.


 

A partir da lectura deste relato os nosos alumnos e as nosas alumnas reflexionaron sobre a evolución da robótica na nosa sociedade e dialogaron sobre diferentes cuestións como se é posible realmente a amizade entre un humano e un robot ou se é real a ameaza da tecnoloxía.


Unha xornada moi divertida!!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA POESÍA: RECITADO NAS AULAS

VISITA A EXPOTAKU CO IES FERROL VELLO

CLUB DE LECTURA 2º BACH: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE