CLUB DE ADULTOS: PRISIONEROS EN EL PARAÍSO
Para concluír as reunións do Club de adultos escollemos Prisioneros en el paraíso, unha das novelas máis coñecidas do escritor finlandés Arto Paasilinna.
Esta narración parte dun acontecemento catastrófico: un avión no que viaxa unha misión da ONU ten que aterrar de emerxencia nun recuncho perdido do arquipélago indonesio. A partir dese momento, os superviventes (un grupo de enfermeiras suecas, comadroas e leñadores finlandeses, médicos noruegueses, azafatas e pilotos ingleses) vense obrigados a sobrevivir nun ambiente hostil.
Neste caso a novela non gustou a todos os participantes. Algúns deles aseguraron que o tema non lles resultou interesante e outros manifesaron que o estilo do autor non lles permitiu engancharse á lectura. Non obstante, aqueles e aquelas que si desfrutaron coa obra destacaron o humor negro que impregna o escrito e, sobre todo, a intención crítica de Paasilinna, que ironiza sobre os excesos relixiosos, sobre as bondades do socialismo, sobre o papel do alcol na sociedade e, sobre todo, sobre a posibilidade de empezar de cero e poder borrar errores pasados para conseguir de novo a felicidade.
Para finalizar as nosas sesións lectoras lanzamos unha pregunta aos participantes na xornada: estarías disposto/a a empezar de novo a tua vida nunha illa remota?
Comentarios
Publicar un comentario