CLUB DE NARRATIVA 1º ESO: KAFKA Y LA MUÑECA VIAJERA


 Para concluír as nosas reunións do Club de narrativa de 1º ESO escollemos a novela de Jordi Sierra i Fabra: Kafka y la muñeca viajera.


 

  Recolle esta novela unha anécdota real. O escritor Franz Kafka atopa nun parque a unha rapaza chorando amargamente pola súa boneca perdida. O autor, conmovido polo pranto da pequena, inventa unha historia: a boneca está realmente de viaxe e el é o carteiro que se encargará de entregarlle as súas cartas á nena.  


 A partir desta historia simples, os nosos lectores máis novos puideron reflexionar sobre cuestións diversas como a relación entre os nenos e os adultos, a inocencia da infancia, a importancia da bondade nas relacións persoais e, sobre todo, o papel da fantasía para aceptar mellor a realidade que nos rodea. 



Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA POESÍA: RECITADO NAS AULAS

VISITA A EXPOTAKU CO IES FERROL VELLO

CLUB DE LECTURA 2º BACH: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE