CLUB DE NARRATIVA 4º ESO: MORNING STAR
Durante o terceiro trimestre os participantes no Club de narrativa de 4º ESO escolleron dúas lecturas: O vixía no Centeo, de J.D. Salinger e Morning Star, de Xosé Miranda.
A segunda das novelas, Morning star, é un fantástico relato de aventuras herdeiro da Illa do tesouro no que un protagonista en primeira persoa conta a súa azarosa vida dende a súa infancia na taberna de Verducido ata que consegue casarse co seu amor, Helena.
Comentarios
Publicar un comentario