CLUB NARRATIVA 1º BACH: ¿QUE ME QUERES, AMOR?


 Reunimos xa en xuño e a modo de despedida ao noso Club de narrativa de Bach coa intención de traballar a adaptación cinematográfica que fixo José Luis Cuerda en A lingua das bolboretas a partir de tres relatos presentes na obra de Manuel Rivas ¿Que me queres, amor? ("A lingua das bolboretas", "Carmiña" e "Un saxo na néboa").


Resultou moi interesante facer un contraste entre a lectura dos contos e o visionado da película. 

Todas as participantes defenderon que desfrutaron de relatos e filme, aínda que tamén consideraron que a historia de Carmiña podería ser eliminada sen problema da adaptación de Cuerda.

Así mesmo valoraron positivamente a capacidade do director para construír un relato coherente a partir de tres pezas autónomas e, sobre todo, a credibilidade que consegue a partir da súa reinterpretación das diferentes historias.

Resultaron conmovedoras as reflexións sobre as vivencias de Moncho e, sobre todo, sobre as inxustizas derivadas dos conflitos bélicos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

VISITA A EXPOTAKU CO IES FERROL VELLO

DÍA DA POESÍA: RECITADO NAS AULAS

CLUB DE LECTURA 2º BACH: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE