CLUB DE NARRATIVA 4º ESO: CUENTOS DE EMILIA PARDO BAZÁN
Comezamos as nosas reunións co Club de Lectura de 4 ESO coa lectura dunha selección de relatos da coñecida autora galega Emilia Pardo Bazán.
Escollemos a esta autora galega porque desexabamos que os nosos lectores e as nosas lectoras coñecesen de primeira man a gran calidade dunha das primeiras mulleres que triunfou no mundo literario do noso país.
Centramos o noso coloquio en varios relatos que nos permitiron reflexionar sobre a situación da muller da época. Sufrimos entón co dolor de Ildara, que non puido emigrar porque o seu pai a marcou coa intención de que quedase para coidalo ("Las medias rojas"); coa forza da mayorazga, que castigou ao seu marido e á súa amante ("La mayorazga de Bouzas"); co valor de Micaelita, que evitou casar cun maltratador potencial ("El encaje roto"); co sufrimento da marquesa que precisaba ter un fillo para sentirse plena ("La estéril"); co pánico de Antonia, que morreu de medo ante a volta do seu marido preso ("El indulto") ou co valor de Clotilde, que acaba vingándose dos abusos do seu home ("Feminista").
Foron unhas lecturas moi desfrutadas e aproveitadas polos nosos rapaces e rapazas!!!
Comentarios
Publicar un comentario