CLUB DE NARRATIVA 2º ESO: REDES I


 O pasado 3 de decembro o noso Club de lectura de 2º de ESO reuniuse para comentar Redes, a última novela de Eloy Moreno.

 Redes narra a vidas entrelazas de varios adolescentes atrapados no mundo dixital. É unha novela áxil e emocionante que nos descobre a dobre realidade que esconden as redes sociais: a súa capacidade de fomentar os contactos, os vínculos e as relacións entre os usuarios... pero tamén o perigo que supón adentrase no escuro, no descoñecido, no que non se ve. 

 Nesta primeira sesión, e da man da nosa compañeira Natalia, os nosos alumnos e as nosas alumnas reflexionaron sobre o papel das redes sociais no seu mundo adolescente. Todos e todas recoñeceron que empregan estas plataformas acotío e que, a pesar das charlas no instituto e das recomendacións de pais e profesores, xa se converteron unha parte básica da súas interaccións.



  

Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA POESÍA: RECITADO NAS AULAS

VISITA A EXPOTAKU CO IES FERROL VELLO

CLUB DE LECTURA 2º BACH: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE