CLUB DE NARRATIVA 4º DE ESO: O CURIOSO INCIDENTE DO CAN Á MEDIA NOITE

 


O pasado 3 de decembro, o noso Club de narrativa de 4º de ESO reuniuse para comentar O curioso incidente do can á media noite.

É esta unha novela que ten como protagonista a Christopher, un rapaz de 15 anos con TEA (trastorno do espectro autista), experto en física e matemáticas, que coñece todas as capitais do mundo e os números primos ata o 7507. Debido ao seu trastorno, mostra comportamentos que o diferencian da maioría de rapaces da súa idade: non comprende as expresións faciais, rexeita o contacto físico non controlado e odia os ruídos fortes.  

O argumento da narración é moi simple: un can é asasinado e Christopher decide investigar o suceso. No obstante, este argumento é totalmente secundario, porque o que realmente resulta interesante provén das reflexións, as actuacións, as relacións e as consideracións do rapaz protagonista da novela.

Os comentarios que xurdiron entre os nosos alumnos e alumnas despois da lectura resultaron profundamente interesantes.

En primeiro lugar, todos e todas destacaron a mestría con que Mark Haddon nos describe o funcionamento da mente autista.


Tamén se mostraron profundamente sorprendidos ao comprobar o difícil que pode resultar a vida diaria para unha persoa que non se adapta á "normalidade" que require a nosa sociedade.




Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA POESÍA: RECITADO NAS AULAS

VISITA A EXPOTAKU CO IES FERROL VELLO

CLUB DE LECTURA 2º BACH: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE