Club de narrativa de 1º ESO: El príncipe feliz


 O pasado 17 de decembro reunimos por primeira vez ao noso Club de narrativa de 1º de ESO para comentar o fabuloso relato de Oscar Wilde: "El príncipe feliz".

  É este un relato moi breve que narra a amizade entre unha anduriña e a estatua bañada en ouro dun príncipe que preside unha cidade remota. O paxaro, que en principio debía emigrar para poder evitar o frío do inverno, vese conmovido pola tristeza da estatua e decide quedarse para formar parte da súa misión compasiva. Xuntos (príncipe e paxariño) emprenden unha serie de actos xenerosos que buscan aliviar as penurias dos habitantes da cidade.

A historia propón unha reflexión sobre a indiferencia ante as desigualdades sociais e as diferenzas de clase. Ademais explora temas como o sacrificio, a compaixón e, sobre todo, sobre cal é a verdadeira esencia da felicidade humana. 

Da man da nosa compañeira Ana, os nosos lectores e as nosas lectoras desfrutaron intensamente coa historia da amizade entre o príncipe e o paxariño e souberon reflexionar sobre a importancia de empatía, sobre os perigos da insensibilidade ante o sufrimento alleo e sobre o valor da coraxe e o sacrificio.


Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA POESÍA: RECITADO NAS AULAS

VISITA A EXPOTAKU CO IES FERROL VELLO

CLUB DE LECTURA 2º BACH: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE