CLUB DE NARRATIVA 4º DE ESO: ENDEREZO DESCOÑECIDO

O pasado 18 de marzo reunimos ao noso Club de narrativa de 4º de ESO para comentar Enderezo descoñecido , de Kressmann Taylor. É esta unha novela epistolar brevísima publicada por primeira vez en 1938, nos instantes previos ao comezo da II Guerra Mundial. Narra a historia de dous amigos de orixe alemá que son socios dunha galería de arte nos Estados Unidos: Max Eisenstein, xudeu solteiro e Martin Schulse, casado cunha cidadá alemá e con tres fillos. Coincidindo co ascenso do partido nazi, Martin Schulse volve á súa Alemaña natal, pero mantén correspondencia con Max. Pouco a pouco, e ante a sorpresa do seu amigo, Martin vese cada vez máis tentado polo nazismo que avanza no país. O seu ascenso social provoca que acabe rexeitando a amizade con seu antigo socio para evitar problemas coa censura e a policía política. Apelando á súa antiga amizade, Max pídelle a Martin que coide da súa irmá Griselle, que vai actuar nun teatro de Berlín, pero este acaba entregándoa aos nazis. E Max...