CLUB DE NARRATIVA 1º ESO: CUENTOS DE LA SELVA


 O pasado 11 de marzo reunimos ao noso alumnado de 1º ESO para comentar unha serie de relatos do libro Cuentos de la selva, do autor uruguaio Horacio Quiroga.

 Estas narracións breves están inspiradas nas historias que o autor lles relataba aos seus fillos cando eran nenos e vivían na agreste e remota provincia de Misiones (NO de Arxentina). Son contos protagonizados por animais (tartarugas, caimáns, coatís, raias...) e ambientados na exuberante natureza americana. A través deles, o gran escritor pretende ofrecer distintos dilemas para que reflexionen os lectores máis novos.

 Como en anos anteriores, centramos este club de lectura na análise de dous relatos. 

Así en "La guerra de los yacarés", o autor mostra o seu espírito antibelicista nun relato en que os caimáns vencen aos homes e impiden que os buques de guerra naveguen polo seu río. Axudados pola nosa compañeira Ana, os nosos precoces lectores tamén analizaron cuestións como a importancia de confiar na experiencia dos maiores ou a necesidade de enfrontarse con valor cara ao descoñecido.

En "Historia de dos cachorros de coatí y de dos cachorros de hombre", pola súa banda, os nosos lectores e as nosas lectoras puideron desfrutar da historia da amizade entre uns nenos e un coatí e, sobre todo, da importancia do amor materno, incluso entre os animais. Non esqueceron, no obstante, reflexionar sobre a importancia de obedecer aos pais e sobre os perigos da curiosidade.




Comentarios

Entradas populares de este blog

VISITA A EXPOTAKU CO IES FERROL VELLO

DÍA DA POESÍA: RECITADO NAS AULAS

CLUB MANGA BACHARELATO