CLUB DE NARRATIVA 2º ESO: INVISIBLE

 


 O 18 de marzo reunimos ao noso alumnado de 2º de ESO para comentar Invisible, de Eloy Moreno.



 Invisible, é unha narración sensible e intimista sobre un rapaz vítima de acoso escolar que cre que ten o don de facerse invisible ante aqueles que o rodean. Pero tamén é unha novela sobre o medo, sobre a amizade, sobre o primeiro amor e, sobre todo, sobre as persoas valentes que actúan para evitar que os acosadores sigan martirizando ás súas vítimas.



 As lectoras do noso Club reflexionaron sobre o acoso escolar e sobre as formas en que se pode manifestar, sobre as maneiras de evitalo ou de axudar aos acosados, sobre a importancia de non pechar os ollos ante as situacións de abuso e, sobre todo, sobre a necesidade de actuar cando se sospeita que alguén pode estar sendo molestado por un compañeiro ou compañeira.
 
 
Pero resulta fácil ser valente e denunciar unha situación semellante?

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

VISITA A EXPOTAKU CO IES FERROL VELLO

DÍA DA POESÍA: RECITADO NAS AULAS

CLUB MANGA BACHARELATO