CLUB DE NOVELA GRÁFICA: BLACKSAD II (ARTIK-NATION) e BLACKSAD III (ALMA ROJA)

 O 18 de xaneiro o noso Club de novela gráfica reuniuse de novo para seguir comentando Blacksad. Por insistencia do alumnado participante, nesta ocasión comentamos os volumes 2 (Artic-Nation) e 3 (Alma roja) da serie.

  Artic nation presenta os problemas racistas dun barrio en que uns blancos de tendencia nazi (representados por animais polares) son culpados de secuestra a unha nena (unha pequena gatiña negra). Neste lugar nada é o que parece, e o propio inspector de policía (un xigantesco oso branco con tendencias pedófilas) non deixa de acosar a John Blacksad e ao seu acompañante, o periodista Weekly (unha pequena garduña).


De novo os comentarios dos nosos rapaces e rapazas centráronse en destacar a capacidade dos autores para reproducir as características prototípicas dos personaxes de novela negra (Blacksad é un detective con gabardina e gravata que fuma e bebe en exceso) a través de animais antropomorfos. Non obstante, destacaron tamén a calidade da trama e, sobre todo, o fascinante tratamento do tema central desta narración: a intolerancia racial que se traduce en discriminación, violencia e vinganza. 


Neste caso sinalaron que as cores serven para aludir aos personaxes racistas.


 E tamén para achegarnos aos Black Claw que aterrorizan coas súas accións violentas a parte da cidade.


 


Alma roja sitúanos en Estados Unidos nos anos 50, uns momentos en que se desenvolve no país un forte sentimento anticomunista. Nesta novela, John Blacksad reencóntrase cun antigo profesor e coa súa axudante, unha fermosa femme fatale, que se ven involucrados nunha trama política directamente relacionada coa carreira nuclear. E o noso detective comeza a investigar outra vez.


Os nosos lectores destacaron de novo o valor dos protagonistas antropomorfos e a importancia das cores neste álbum (a cor vermella ocupa neste caso un lugar central, como ocorría coa cor branca en Artic-Nation ou coa cor negra en Un lugar enre las sombras). Non obstante, tamén sinalaron que, na súa opinión, é esta unha proposta cunha calidade levemente inferior ás anteriores tanto no plano da ilustración como (e sobre todo), no guion, moito máis básico e predicible.



Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA POESÍA: RECITADO NAS AULAS

VISITA A EXPOTAKU CO IES FERROL VELLO

CLUB DE LECTURA 2º BACH: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE