CLUB DE ADULTOS: O CORPO DE CRISTO
O corpo de Cristo é unha novela de banda deseñada da autora coruñesa Bea Lema, que narra a historia de Vera, unha nena que medra a carón dunha nai cuha grave enfermidade mental que vive convencida de que está posuída por un demo.
A análise desta novela suscitou un grande coloquio no noso Club.
Todos os participantes destacaron a dureza do tema e a angustia que lles provocou revisar unha realidade moi presente ata hai relativamente poucos anos na sociedade galega: a incomprensión e as eivas médicas ante os poblemas mentais (sobre todo, femininos). Nun contexto rural e moi conservador, estas doenzas ocultábanse baixo a apariencia de meigallos ou de mal de ollo, e as propias pacientes eran culpadas do seu sufrimento. Foi duro presenciar como os pedecementos psíquicos destrúen non só aos pacentes, senón tamén a todos aqueles que os rodean.
Como curiosidade, podemos destacar a novidade que supón a mestura de debuxo e bordados como soporte ás ilustracións.

Comentarios
Publicar un comentario