Entradas

CLUB DE NARRATIVA 2º ESO: EL PRÍNCIPE DE LA NIEBLA

Imagen
Dedicamos a última reunión do noso Club de narrativa de 2º de ESO ao comentario de El príncipe de la niebla , do autor catalán Carlos Ruiz Zafón.  Esta novela narra a historia da familia Carver que, escapando da guerra, chega a unha casa construída preto dunha praia e cargada de misterio. A estraña morte de Jacob, o fillo dos antigos propietarios, empeza a aclararse coa chegada do Príncipe da néboa, un desacougante personaxe capaz de conceder calquera desexo a unha persoa... a un prezo moi alto.     As participantes neste Club gozaron enormemente desta novela de aventura e misterio. Por riba de todo destacaron o suspense presente en toda a novela (que incluso lles provocou un certo medo nalgún momento) e o papel dos personaxes adolescentes, sobre todo de Max, que evoluciona a medida que avanza a trama, para converterse nun rapaz forte, valente e xeneroso.    Tamén salientaron o xiro dos acontecementos que supuxo o descubrimento de quen é realmente Roland e ...

CLUB DE ADULTOS: GOLPES DE LUZ

Imagen
  O 24 de xuño pechamos o noso Club de Adultos cunha xuntanza para comentar Golpes de luz , da autora viguesa Ledicia Costas.   Esta interesantísima novela narra os últimos momentos da vida de Xulia, unha muller recentemente divorciada que viaxa co seu fillo Sebas a Galicia para coidar á súa nai Luz, unha muller dura e temperamental.   A característica máis relevante de Golpes de luz  provén da presenza simultánea de tres narradores que aportan dinamismo á narración e nos proporcionan diferentes perspectivas da mesma historia. En primeiro lugar debemos destacar a Luz, unha anciá peculiar con comportamentos erráticos que pelexa co veciño, fuma a escondidas e nunca abandona o seu martelo. Sumida na dor polo seu recente divorcio, a súa filla Xulia debe alternar o traballo como periodista cos coidados da nai e do fillo de dez anos. Para finalizar, está Sebas, un neno maduro e intelixente que idolatra á súa avoa, sofre pola separación dos pais e trata de adaptarse a un am...

CLUB DE MANGA

Imagen
 Durante o presente curso académico, o noso Club de manga reuniuse todos os venres durante o primeiro recreo.  Dado que a maioría dos participantes son vellos coñecidos porque xa formaron parte do Club durante cursos pasados, foron eles mesmos os que se encargaron de deseñar e organizar as actividades.  En primeiro lugar, encargáronse de compartir información sobre as súas últimas lecturas de manga proporcionando a súa valoración sobre as situacións que se narraban, sobre os valores máis destacados dos personaxes ou sobre os temas que se trataban en cada obra. En segundo lugar, presentaron de forma crítica as novidades en  anime  e, sobre todo, realizaron unha comparativa entre as obras de manga e a sua versión cinematográfica. En terceiro lugar, propuxeron a compra de novas lecturas de manga e compartiron as experiencias lectoras. Ademais, organizaron e prepararon con ilusión a visita á ExpOtaku. Un grupo fantástico que seguirá con nós o curso próximo. 

CLUB DE LECTURA 1º ESO: LECTURAS COMPARTIDAS CO IES SOFÍA CASANOVA

Imagen
  O pasado 10 de xuño acudimos ao IES Sofía Casanova para desenvolver unha actividade conxunta: o comentario da adaptación a banda deseñada de Memorias dun neno labrego , probablemente o libro máis lido e traducido da literatura galega.   Nesta obra, Balbino, un neno pobre de aldea, vive e padece non só as carencias típicas da súa clase social, senón tamén os abusos do cacique e a necesidade de emigrar para buscar un futuro mellor. Na súa adaptación gráfica, Iria Aldegunde pon en imaxes ese mundo duro que Balbino trata de comprender, e converte a novela de Neira Vilas nun texto moi atractivo para o noso alumnado máis novo.   Nunha xornada moi agradable, os rapaces e rapazas de ambos centros xuntáronse para socializar e compartir a súa experiencia lectora.   Comezamos compartindo un rico e agradable xantar.   A continuación acudimos á biblioteca para conversar sobre a novela gráfica.   Realmente foi una experiencia moi enriquecedora. Coa axuda do profesorado...

CLUB DE NARRATIVA 4º ESO: OS DOUS DE SEMPRE

Imagen
Aproveitando a celebración do ano de Castelao, escollemos para a lectura do noso Club de 4º de ESO Os dous de sempre , a única novela do autor de Rianxo. Esta obra narra a evolución dende a infancia ata a madurez de dous personaxes totalmente contrapostos: Pedriño e Rañolas. Pedriño é un rapaz mimado, pusilánime e inactivo que, despois dunha longa sucesión de fracasos, se converte nun home conformista e acomodaticio. Rañolas, pola súa banda, é un rapaz eivado das pernas, pero loitador e brillante que volve exitoso á súa cidade natal... para descubrir que o éxito lle fixo perder a liberdade e o transformou nun escravo do traballo.  Os participantes no Club consideraron que a novela presenta moitos temas realmente interesantes. O primeiro sería, probablemente, a necesidade de loitar para tratar de mellorar a nosa situación, sen deixarnos vencer polos inconvenientes. Tamén lles resultou curiosa a forma en que se cruza ao final a vida dos personaxes: Pedriño, a pesar da súa indolencia ...

CLUB DE NOVELA GRÁFICA: V DE VENDETTA

Imagen
  A lectura de V de Vendetta pechou o noso Club de novela gráfica.  É esta unha novela escrita nos anos 80 que se caracteriza por ofrecer unha fantástica combinación entre un guion profundo e elaborado e unhas ilustracións brillantes e moi traballadas.  Ilustración de  V V de Vendetta, ambientada nun futuro distópico, nos sitúa en Gran Bretaña xusto despois de que un conflito nuclear destruise parte do mundo coñecido. Neses momentos, un régimen totalitario está no poder e un misterioso revolucionario coñecido como V comeza unha aparatosa campaña coa intención de derrocalo. A novela resultoulles interesantísima aos participantes no Club. Todos destacaron o crible que resulta a situación que nos presenta: a opresión, a omnipresente corrupción ou a destrución da cultura presentes nunha sociedade fascista fronte a necesidade do pobo de loitar pola liberdade. Todos e todas destacaron varios temas que lles resultaron interesantes despois da lectura: o poder dos medi...

CLUB DE LECTURAS CIENTÍFICAS: BACHARELATO

Imagen
Unha vez ao trimestre reunimos ao noso alumnado participante no Club de lecturas científicas para comentar de xeito informal o contido de textos divulgativos relacionados co mundo da ciencia. A nosa intención foi a de debater sobre diferentes aspectos deste mundo tan interesante para os nosos alumnos e alumnas como o impacto da IA na nosa sociedade, o papel da muller na ciencia (en concreto, na Astronomía) ou o impacto da biotecnoloxía na Medicina. Sempre dun xeito distendido, analizamos cal é o papel real da muller na ciencia actual e elucubramos sobre como pode influír a biotecnoloxía en futuros tratamentos ou na prevención de enfermidades, pero non esquecemos tampouco reflexionar sobre aspectos éticos tan relevantes como a necesidade de regular o emprego da IA.