CLUB DE ADULTOS: EX-CÉNTRICAS

Para celebrar o Día da Poesía, comentamos no noso Club da adultos o primeiro libro de poemas da nosa compañeira Sara Villar. É este un libro de poemas breve e aparentemente sinxelo, pero intenso e profundo ao mesmo tempo. En cada composición Sara e Ánxela, a coautora, reflexionan sobre a importancia do amor e defenden ante os seus lectores a importancia de vivir unha vida plena, libre e ex-céntrica. A propia autora puido dialogar con nós sobre como se xestou e desenvolveu este proxecto poético, sobre o sentido último das nosas composicións preferidas e sobre os seus plans de futuro. Esperamos con o próximo libro, Sara!!!