CLUB DE ADULTOS: GOLPES DE LUZ
O 24 de xuño pechamos o noso Club de Adultos cunha xuntanza para comentar Golpes de luz , da autora viguesa Ledicia Costas. Esta interesantísima novela narra os últimos momentos da vida de Xulia, unha muller recentemente divorciada que viaxa co seu fillo Sebas a Galicia para coidar á súa nai Luz, unha muller dura e temperamental. A característica máis relevante de Golpes de luz provén da presenza simultánea de tres narradores que aportan dinamismo á narración e nos proporcionan diferentes perspectivas da mesma historia. En primeiro lugar debemos destacar a Luz, unha anciá peculiar con comportamentos erráticos que pelexa co veciño, fuma a escondidas e nunca abandona o seu martelo. Sumida na dor polo seu recente divorcio, a súa filla Xulia debe alternar o traballo como periodista cos coidados da nai e do fillo de dez anos. Para finalizar, está Sebas, un neno maduro e intelixente que idolatra á súa avoa, sofre pola separación dos pais e trata de adaptarse a un am...