Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2023

CLUB DE NARRATIVA 4º ESO: CUENTOS DE EMILIA PARDO BAZÁN

Imagen
  Comezamos as nosas reunións co Club de Lectura de 4 ESO coa lectura dunha selección de relatos da coñecida autora galega Emilia Pardo Bazán. Escollemos a esta autora galega porque desexabamos que os nosos lectores e as nosas lectoras coñecesen de primeira man a gran calidade dunha das primeiras mulleres que triunfou no mundo literario do noso país.   Centramos o noso coloquio en varios relatos que nos permitiron reflexionar sobre a situación da muller da época. Sufrimos entón co dolor de Ildara, que non puido emigrar porque o seu pai a marcou coa intención de que quedase para coidalo ("Las medias rojas"); coa forza da mayorazga, que castigou ao seu marido e á súa amante ("La mayorazga de Bouzas"); co valor de Micaelita, que evitou casar cun maltratador potencial ("El encaje roto"); co sufrimento da marquesa que precisaba ter un fillo para sentirse plena ("La estéril"); co pánico de Antonia, que morreu de medo ante a volta do seu marido preso (...

CLUB NARRATIVA 2º ESO: RELATOS EDGAR ALLAN POE

Imagen
 Aproveitando a celebración do Samaín no noso centro, reunimos ao Club de Lectura de 2 ESO para comentar varios relatos do mestre do terror: Edgar Allan Poe.  Foi moi divertido analizar coas participantes na actividade os mecanismos que emprega o autor para lograr o estrañamento no seu público. Así, por exemplo, todas mostraron a súa sorpresa ante o narrador en primeira persoa de "El corazón delator", que defende a súa cordura mediante o emprego dun suposto autocontrol que lle permite planear o crime do vello con total meticulosidade. Asi mesmo analizaron con curiosidade o sentido do título. É o horrible son do seu propio corazón acelerado o que provoca que recoñeza a súa culpabilidade ante os policías que o visitan? Tamén lles chamou a atención o comportamento do protagonista de "El gato negro", que desenvolve un rexeitamento irracional cara a un gato negro. Esta situación provoca nel unha crecente espiral de violencia que rematará na súa desgraza final.   As nosas...

CLUB NARRATIVA 1º BACH: PERSÉPOLE

Imagen
  Durante o mes de decembro reunimos de novo ao noso Club de Lectura de 1º Bach para comentar a obra que fixo famosa a Marjane Satrapi: Persépole .  Nesta novela gráfica, a autora relata as etapas máis importantes da súa vida: a súa nenez feliz e libre en Teherán, a chegada da revolución islámica e o integrismo relixioso, a súa viaxe a Europa na adolescencia, a volta ao seu país e o retorno definitivo a Francia na xuventude.  Foi unha obra que lles gustou moito ás nosas lectoras e que suscitou un debate intenso sobre a situación da muller en diferentes lugares, pero que tamén nos permitiu reflexionar sobre o papel da relixión na sociedade, sobre as dificultades dos emigrantes para adaptarse aos países receptores e sobre a necesidade de loitar por acadar a propia felicidade, a pesar dos atrancos que nos pode poñer por diante a vida.

CLUB NARRATIVA 1º ESO: "El príncipe feliz"

Imagen
 Ante a súa insistencia, reunimos de novo ao noso Club de Lectura de 1º ESO para comentar un clásico de Oscar Wilde: "El príncipe feliz".   É este un relato moi breve que narra a amizade entre unha anduriña e a estatua bañada en ouro dun príncipe que preside unha cidade remota. O paxaro, que en principio debía emigrar para poder evitar o frío do inverno, vese conmovido pola tristeza da estatua e decide quedarse para formar parte da súa misión compasiva. Xuntos (príncipe e paxariño) emprenden unha serie de actos xenerosos que buscan aliviar as penurias dos habitantes da cidade. A historia propón unha reflexión sobre a indiferencia ante as desigualdades sociais e as diferenzas de clase. Ademais explora temas como o sacrificio, a compaixón e, sobre todo, sobre cal é a verdadeira esencia da felicidade humana.  Os nosos lectores e as nosas lectoras desfrutaron intensamente coa historia da amizade entre o príncipe e o paxariño e souberon reflexionar sobre a importancia de emp...

CLUB NARRATIVA 1º ESO: CUENTOS DE LA SELVA

Imagen
 Durante este primeiro trimestre lemos cos nosos rapaces e rapazas de 1º de ESO unha selección de relatos procedentes de Cuentos de la selva , do autor uruguaio Horacio Quiroga. Estas narracións breves están inspiradas nas historias que o autor lles relataba aos seus fillos cando eran nenos e vivían na agreste e remota provincia de Misiones (NO de Arxentina). Son contos protagonizados por animais (tartarugas, caimáns, coatís, raias...) e ambientados na exuberante natureza americana. A través deles, o gran escritor pretende ofrecer distintos dilemas para que reflexionen os lectores máis novos. Así en "La guerra de los yacarés", o autor mostra o seu espírito antibelicista nun relato en que os caimáns vencen aos homes e impiden que os buques de guerra naveguen polos seu río. En "Historia de dos cachorros de coatí y de dos cachorros de hombre", pola súa banda, os nosos lectores e as nosas lectoras puideron desfrutar da historia da amizade entre uns nenos e un coatí e, s...

CLUB DE ADULTOS: CANCIÓN DULCE

Imagen
 Durante o mes de decembro reunimos ao noso Club de adultos para comentar Canción dulce , de Leila Slimani.  Esta interesantísima novela comeza coa narración do asasinato de dous nenos pola súa neneira, que trata de suicidarse despois do crime, aínda que non logra o seu propósito. A partir dese momento, a autora busca reconstruír a vida da neneira e da familia que a contrata nun relato angurioso e perturbador que non deixou indiferente a ningún dos participantes na sesión do Club. E reflexionamos sobre as presións da muller ante a maternidade no mundo laboral, sobre os prexuízos de clase vixentes en Francia (e na nosa sociedade occidental), sobre o poder do diñeiro e os perigos do sometemento pero, sobre todo, debatemos sobre a interdependencia que se establece entre familia e coidadora que neste caso acaba en traxedia.

CLUB NARRATIVA 1º ESO: TRECE AVISOS

Imagen
 Aproveitando a próxima celebración do Samaín,  reunimos ao Club de Lectura de 1º ESO para charlar sobre esta fantástica colección de relatos de Paula Carballeira.  Resultou moi divertido reflexionar cos alumnos e as alumnas participantes sobre o que é o medo ou sobre que situacións provocan neles arrepíos de espanto. Porque os contos de Paula Carballeira son relatos terroríficos escritos para ler ou para escoitar... pola noite!!!

CLUB NARRATIVA 1º BACH: EL CONDE LUCANOR

Imagen
 Por petición expresa dun grupo de alumnos e alumnas, o 21 de novembro reunimos ao noso Club de lectura de 1 Bach para comentar varios relatos moralizantes do libro El conde Lucanor , do autor do século XIV don Juan Manuel. A través do comentario de contos como  "Lo que sucedió a un deán de Santiago con don Illán, el mago de Toledo" ou "Lo que sucedió a una mujer que se llamaba doña Truhana" puidemos traballar a relación dos exempla de don Juan Manuel con relatos procedentes doutras literaturas como a hindú ou a xaponesa.  Así mesmo, puidemos analizar a influencia dalgúns destes contos, como "Lo que sucedió a un mancebo que casó con una muchacha muy rebelde" en obras posteriores, como La fierecilla domada , famosa comedia de William Shakespeare. A pesar de que esta era unha obra aparentemente pouco atractiva para os nosos rapaces e rapazas, a convocatoria do noso Club acadou unha grande aceptación entre o noso alumnado, que participou activamente o coloqu...