Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2024

CLUB DE NARRATIVA 2º ESO: REDES II

Imagen
  O pasado 17 de decembro, o noso Club de lectura de 2º de ESO reuniuse para seguir comentando  Redes, a última novela do exitoso autor Eloy Moreno, e continuación de Invisible .  Nesta sesión afondamos na análise da historia e, sobre todo, nas características dos personaxes. Centrámonos sobre todo en Betty e Xaxa, porque foron elas as que impactaron máis fondamente entre as nosas lectoras. Betty é unha adolescente que está namorada de Álex, un influencer dunha rede social. Un día el ponse en contacto con ela e a vida da rapaza cambia para sempre. A medida que a intimidade aumenta, Álex faille peticións a Betty, que ela, completamente cega por amor, acepta. Pero pouco a pouco os amigos de Betty danse conta de que ela non é feliz e intentan axudala a descubrir quen é realmente Álex.   Xaxa, pola súa banda, é unha adolescente que, obrigada polos seus pais, triúnfa nas redes anunciando e promocionando diferentes produtos. A súa vida parece perfecta... pero Xaxa é profun...

CLUB DE NARRATIVA 2º ESO: REDES I

Imagen
 O pasado 3 de decembro o noso Club de lectura de 2º de ESO reuniuse para comentar Redes , a última novela de Eloy Moreno.   Redes narra a vidas entrelazas de varios adolescentes atrapados no mundo dixital. É unha novela áxil e emocionante que nos descobre a dobre realidade que esconden as redes sociais: a súa capacidade de fomentar os contactos, os vínculos e as relacións entre os usuarios... pero tamén o perigo que supón adentrase no escuro, no descoñecido, no que non se ve.   Nesta primeira sesión, e da man da nosa compañeira Natalia, os nosos alumnos e as nosas alumnas reflexionaron sobre o papel das redes sociais no seu mundo adolescente. Todos e todas recoñeceron que empregan estas plataformas acotío e que, a pesar das charlas no instituto e das recomendacións de pais e profesores, xa se converteron unha parte básica da súas interaccións.   

Club de narrativa de 1º ESO: El príncipe feliz

Imagen
 O pasado 17 de decembro reunimos por primeira vez ao noso Club de narrativa de 1º de ESO para comentar o fabuloso relato de Oscar Wilde: "El príncipe feliz".   É este un relato moi breve que narra a amizade entre unha anduriña e a estatua bañada en ouro dun príncipe que preside unha cidade remota. O paxaro, que en principio debía emigrar para poder evitar o frío do inverno, vese conmovido pola tristeza da estatua e decide quedarse para formar parte da súa misión compasiva. Xuntos (príncipe e paxariño) emprenden unha serie de actos xenerosos que buscan aliviar as penurias dos habitantes da cidade. A historia propón unha reflexión sobre a indiferencia ante as desigualdades sociais e as diferenzas de clase. Ademais explora temas como o sacrificio, a compaixón e, sobre todo, sobre cal é a verdadeira esencia da felicidade humana.  Da man da nosa compañeira Ana, os nosos lectores e as nosas lectoras desfrutaron intensamente coa historia da amizade entre o príncipe e o paxariño...

CLUB DE NOVELA GRÁFICA: BLACKSAD II (ARTIK-NATION) e BLACKSAD III (ALMA ROJA)

Imagen
 O 18 de xaneiro o noso Club de novela gráfica reuniuse de novo para seguir comentando  Blacksad. Por insistencia do alumnado participante, nesta ocasión comentamos os volumes 2 ( Artic-Nation ) e 3 ( Alma roja ) da serie.    Artic nation  presenta os problemas racistas dun barrio en que uns blancos de tendencia nazi (representados por animais polares) son culpados de secuestra a unha nena (unha pequena gatiña negra). Neste lugar nada é o que parece, e o propio inspector de policía (un xigantesco oso branco con tendencias pedófilas) non deixa de acosar a John Blacksad e ao seu acompañante, o periodista Weekly (unha pequena garduña). De novo os comentarios dos nosos rapaces e rapazas centráronse en destacar a capacidade dos autores para reproducir as características prototípicas dos personaxes de novela negra (Blacksad é un detective con gabardina e gravata que fuma e bebe en exceso) a través de animais antropomorfos. Non obstante, destacaron tamén a calidad...

CLUB DE ADULTOS-CINEFÓRUM: LA VIDA SECRETA DE LAS PALABRAS

Imagen
 O pasado 12 de decembro, o noso Club de adultos reuniuse para comentar o filme de Isable Coixet La vida secreta de las palabras .  O argumento desta película é aparentemente simple. Nunha plataforma petrolífera onde só traballan homes ocorre un grave accidente. Hanna, vítima da guerra na antiga Iugoslavia é contratada para traballar como enfermeira privada de Josef, que resultou ferido con graves queimaduras e está temporalmente cego. Pouco a pouco, doente e enfermeira van achegándose ata conseguir compartir as duras experiencias que lles deixaron unha innegable pegada.  Acompañamos o visionado da película coa lectura dos dous relatos que se comentan no filme: "La señorita Cora", de Julio Cortázar y Cartas de la monja portuguesa, de María Alcoforado. O debate sobre a película resultou moi intenso e foron moitos os temas que puidemos destacar. Lembrando a beleza do tema central da película (" Hope there someone ", de Anthony and the Johnsons) analizamos as consecuen...

CLUB DE NOVELA GRÁFICA: BLACKSAD I (UN LUGAR ENTRE LAS SOMBRAS)

Imagen
  O pasado 4 de decembro, o noso Club de novela gráfica reuniuse para comentar Blacksad , unha fabulosa serie de novelas gráficas de xénero negro creadas por Juan Díaz Canales (guionista) e por Juanjo Guarnido (debuxante). A acción destas novelas gráficas sitúase nos Estados Unidos despois da II Guerra Mundial e, como característica central debemos destacar que os protagonistas son, tal e como explica Juan Díaz Canales, animais antropomórficos .  Nesta primeira sesión comentamos a novela que comeza a serie e que leva por título Un lugar entre las sombras . En Un lugar entre las sombras , John Blacksad (un elegantísmo gato negro) investiga o asasinato dunha antiga examante, Natalia Wilford, unha famosa e cotizadísima estrela de Hollywood. A pesar da oposición do xefe de policía (como non, un pastor alemán), o detective adéntrase nos baixos fondos da cidade enfrontándose a matóns a soldo (osos e rinocerontes) e a asasinos sen escrúpulos (unha rata e un lagarto). A lectura desta...

CLUB DE NARRATIVA 4º DE ESO: O CURIOSO INCIDENTE DO CAN Á MEDIA NOITE

Imagen
  O pasado 3 de decembro, o noso Club de narrativa de 4º de ESO reuniuse para comentar O curioso incidente do can á media noite . É esta unha novela que ten como protagonista a Christopher, un rapaz de 15 anos con TEA (trastorno do espectro autista), experto en física e matemáticas, que coñece todas as capitais do mundo e os números primos ata o 7507. Debido ao seu trastorno, mostra comportamentos que o diferencian da maioría de rapaces da súa idade: non comprende as expresións faciais, rexeita o contacto físico non controlado e odia os ruídos fortes.   O argumento da narración é moi simple: un can é asasinado e Christopher decide investigar o suceso. No obstante, este argumento é totalmente secundario, porque o que realmente resulta interesante provén das reflexións, as actuacións, as relacións e as consideracións do rapaz protagonista da novela. Os comentarios que xurdiron entre os nosos alumnos e alumnas despois da lectura resultaron profundamente interesantes. En prim...

CLUB DE MANGA: CINEFÓRUM - MI VECINO TOTORO

Imagen
  Por petición das participantes no Club de manga, en novembro organizamos un Cinefórum a partir do visionado dun clásico do anime xaponés: Mi vecino Totoro . Mentres desfrutabamos dun xantar acompañado de ramune e de mochis (bebida e postres típicos de Xapón), puidemos ver este filme que narra as aventuras de Satsuki (11 anos) e Mei (4 anos) na compaña dun espírito máxico que habita no bosque próximo á súa casa: Totoro. Tralo visionado da película puidemos comentar diferentes cuestións que nos chamaron a atención. En primeiro lugar, todas as rapazas comentaron que este foi un dous primeiros animes que viron e, sen dúbida, o favorito da súa infancia. Comentaron tamén os diversos temas que, na súa opinión, se tratan na película: o amor pola natureza (que se inclúe a través dunha perspectiva fantástica, porque Totoro é un espírito que vive na natureza e interactúa directamente co medio natural), o amor filial (entre as dúas irmás) e o amor cara á familia (as nenas botan de menos á sú...